Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Cámara de Comercio organiza o curso...

INSCRICIÓNS ATÉ 26 DE OUTUBRO ÁS 13.00 HORAS

A Cámara de Comercio organiza o curso "Marketing e finanzas para o comerciante" para novos emprendedores e comerciantes

Mércores 17 de outubro do 2012

Ademais da formación presencial, o curso inclúe unha sesión de consultaría individualizada que se levará a cabo no lugar e horario que acorden comerciante e consultor (pode ser no propio comercio) entre os días 29 de outubro e 9 de novembro de 2012. O contido da formación inclúe coñecemento e estudo de mercado; posicionamento e segmentación de clientes; planificación estratéxica; análise DAFO (debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades); conta de explotación; conta de perdas e ganancias; balances; e forma xurídica e impostos. A acción formativa consta de tres fases diferenciadas: diagnóstico previo, formación, seguimento e avaliación. A iniciativa conta con prazas limitadas ata un total de 20 e ten unha duración prevista de 21 horas, incluíndo a asesoría. A actividades será impartida pola Fundación Incyde (Instituto para a Creación e Desenvolvemento de Empresas, das Cámaras de Comercio). O programa de formación de "Emprendedores no Comercio" é unha iniciativa que conta co apoio económico do Fondo Social Europeo e as Cámaras de Comercio. Ten o obxectivo de crear emprendedores modernos e formados no sector do comercio co fin de combater a alta taxa de desaparición de pequenas empresas comerciais nos primeiros anos da súa existencia.

Compartir: