Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Ruta das Férvedas acolle o 11 de...

A ORGANIZACIÓN ESPERA A PARTICIPACIÓN DE MÁIS DE 100 PERSOAS

A Ruta das Férvedas acolle o 11 de novembro a II Marcha Cicloturista do Club Ciclista Carballo-Placasa

Venres 2 de novembro do 2012

Dende o Club Ciclista Carballo-Placasa esperan que a participación sexa alomenos tan elevada como en 2011, con más de 100 ciclistas, especialmente porque se trata a última proba da temporada e iso atrae a deportistas de toda a zona, pero tamén de lugares como A Coruña ou Ferrol. Ao fin de facer a ruta o máis alcanzable posible, a organización ofrece a posibilidade de facer dous percorridos, un de 53 quilómetros de lonxitude e outro de pouco máis de 40, con ida e volta dende a capital municipal. O Club Ciclista subliña que a ruta está moi ben sinalizada e que facilitaran o itinerario o máis posible para aquelas persoas que aínda non o coñezan. A organización quere agradecer a colaboración dos patrocinadores: Gadis, Coca-cola, Vipecon, Todo Lar, Iglesias Informática, Carcopa, Mirame, Alea e Construcciones Alejandro Martínez.

O Alcalde, Evencio Ferrero, manifestou a súa satisfacción por que a Ruta das Férvedas, recoñecida pola Federación de Montañismo, vaia gañando protagonismo con probas como esta, e quixo amosar o seu agradecemento ao club "por organizar eventos que contan cunha gran resposta cidadá". Respecto dos premios da proba, está previsto entregar obsequios e recordos a: o participante de maior idade; a participante de maior idade; o participante de menor idade: a participante de menor idade; o/a participante residente en Carballo de maior idade; o/a participante residente en Carballo de menor idade; o Club máis numeroso; o Club chegado dende máis lonxe. A marcha, agás no tramo de saída, non discorre por tramos asfaltados. Os participantes deberán ser autosuficientes durante a marcha e disporán do seguinte equipamento mínimo obrigatorio: casco homologado, bicicleta en bo estado, auga, cámara e ferramentas básicas.

Compartir: