Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobada a contratación da Fase I da obra...

PRINCIPIAN OS TRABALLOS PARA UNHA REDE DE SANEAMENTO EN ARTES

Aprobada a contratación da Fase I da obra "Mellora do sistema xeral de abastecemento a Carballo: Anllóns-Bardoso"

Luns 5 de novembro do 2012

Seguindo co apartado de proxectos de saneamento, o Concelleiro de Obras e Servizos, Luís Lamas, informa de que veñen de comezar hoxe os traballos para a creación dunha nova Rede na parroquia de Artes, incluídos no Plan de Obras e Servizos 2012 da Deputación da Coruña. O importe de licitación da obra era de 57.892,09 euros (68.312,67 euros con IVE) e finalmente foi adxudicada a Construcciones López Cao SL por 57.092,64 euros, sen IVE. O prazo de execución previsto é de cinco meses, aínda que Lamas espera que os prazos se reduzan notablemente e que os traballos poidan estar rematados antes de final de ano. A nova rede de saneamento dará servizo aos lugares de Forno, Tapia, Pilro e O Campo de Arriba e conectará coa EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) que xa ten o Concello en funcionamento en Artes. Dende a Concellaría de Obras e Servizos tamén informan de que, con motivo dos traballos, está previsto que haxa un corte na estrada entre Forno e a Igrexa de Artes no lugar de Quintela. A Policía Local procederá a colocar a sinalización pertinente para avisar aos veciños e veciñas. A administración local pide desculpas polas posibles molestias que se poidan ocasionar aos usuarios e usuarias da vía. Hai que lembrar que o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2012 ten un importe de 672.191,75 euros, dos que 279.735,75 se teñen reservado a investimentos para a dotación de saneamentos e melloras viarias.

Compartir: