Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Alcalde e responsables do centro expoñen...

INDALECIO CABANA VISITA O CENTRO O MÉRCORES 7 DE NOVEMBRO

O Alcalde e responsables do centro expoñen ante o Xefe Territorial de Educación as necesidades do CEIP Gándara-Sofán

Martes 6 de novembro do 2012

Durante a xuntanza, tanto Evencio Ferrero como Mar Eirís tamén se interesaron polos avances na contratación das obras de ampliación do CEIP Bergantiños. Nestes momentos, e segundo consta no Perfil do Contratante da Xunta de Galicia, o proceso continúa en marcha, tendo sido aberto o sobre 2 das ofertas o pasado 13 de setembro. O Xefe Territorial explicou que aínda non se ten seleccionado ningunha proposta. Hai que lembrar que o importe de licitación é de 1.206.384 euros sen IVE. A Xunta de Goberno Local aprobou a licenza para desenvolver as obras o 16 de xullo co obxecto de axilizar o inicio dos traballos. A ampliación do CEIP Bergantiños é unha actuación especialmente necesaria e urxente polos problemas de escolarización experimentados nos centros de ensino do casco urbano previstos para os próximos anos. Así, xa para o pasado curso foi preciso incluír nas aulas a arredor de 300 nenos e nenas nacidos en 2008, unha cifra moi elevada. Así mesmo, as ratios para este e os próximos cursos manteñen parámetros similares. As melloras suporán a creación de 225 novas prazas repartidas en nove unidades de Educación Infantil que contarán con servizos integrados e estarán totalmente equipadas. Nestes momentos, o centro escolar ten capacidade para arredor de 600 nenos e nenas.

Compartir: