Inicio Carballo ao día Hemeroteca Educación e o Concello acordan colaborar...

VISITA DO XEFE TERRITORIAL: INDALECIO CABANA

Educación e o Concello acordan colaborar para mellorar o peche e os aseos e dotar dunha nova aula o CEIP Gándara-Sofán

Mércores 7 de novembro do 2012

Este acordo xorde despois de que o martes 6 de novembro o Alcalde, Evencio Ferrero, acompañado da Concelleira de Educación, Mar Eirís, do director do CEIP Gándara-Sofán, Mariano Dopico, e de tres nais integrantes da ANPA do centro, se entrevistase co Xefe Territorial de Educación para expoñerlle as necesidades do centro educativo. Durante a reunión axuntouse un informe realizado pola Oficina Técnica Municipal no que se reflicten as principais eivas, non só do CEIP Gándara-Sofán, senón do CEIP Nétoma-Razo, que tamén precisa melloras no peche, ou outras problemáticas existentes en todos os centros do municipio. Os representantes municipais tamén se interesaron pola contratación das obras de ampliación do CEIP Bergantiños. Segundo consta no Perfil do Contratante da Xunta de Galicia, o proceso continúa en marcha, tendo sido aberto o sobre 2 das ofertas o pasado 13 de setembro. O Xefe Territorial explicou que aínda non se ten seleccionado ningunha proposta. Hai que lembrar que o importe de licitación é de 1.206.384 euros sen IVE.

Compartir: