Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello mellora a Ruta das Férvedas e...

AS OBRAS REALIZARANSE EN 14 PISTAS MUNICIPAIS

O Concello mellora a Ruta das Férvedas e prepara o comezo dos traballos para o rebacheo de camiños nas parroquias do municipio

Xoves 8 de novembro do 2012

Ademais, a Concellaría de Obras e Servizos que dirixe Luís Lamas informa de que a próxima semana principian os traballos do proxecto para o rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños nas parroquias de Carballo, Goiáns, Oza, Lema, Rebordelos, Sofán, Berdillo, Rus e Entrecruces, unha actuación incluída no Plan de Obras e Servizos (POS) 2012. O importe da actuación é de 81.100 euros sen IVE e a empresa responsable da execución é Construcciones Ramón Vázquez y Reyno cun prazo previsto de tres meses. Segundo explica Luís Lamas, as obras comezarán do despexado das cunetas para proceder máis adiante ao asfaltado das pistas. A empresa ten previsto comezar o luns 12 de novembro na parroquia de Sísamo, para logo continuar por Xoane, Oza, Lema, Rebordelos, Berdillo, Sofán, Carballo, Rus e Entrecruces. Trátase dun total de catorce actuacións: no camiño de Cementerio Vello a Cernide; no camiño de Xoane ao ponte da autopista na estrada de Razo; no camiño de As Torres a Serantes do Medio; no camiño de Outeiro a Oza Vella; no camiño desde Cruce de Pardiñas ao Seixo; no camiño de Sambade a Lema; no camiño co campo de fútbol de Sofán a Periscal; no camiño de Pontenova a Campos de Bolón; no camiño de O Alto ao límite co Concello da Laracha; no camiño de Ramil ata o cruce co camiño da Fervenza; no camiño de Portochán á Redonda; no camiño dende o Cruce do Añón a San Miro; na Rúa Nardos da capital municipal; e no camiño de Ramil a Cruce de Bas.

Compartir: