Inicio Carballo ao día Hemeroteca As agrupacións corais carballesas centran...

SÁBADO 17 DE NOVEMBRO ÁS 21.00 HORAS

As agrupacións corais carballesas centran o programa de actividades do Novembro con Música durante a fin de semana

Xoves 15 de novembro do 2012

O Coro Aires de Bergantiños foi cofundado, entre outros, polo sempre presente Carlos Díaz "O Xestal", un home comprometido coa cultura, coa terra e coa xente, un humorista e, como non, un investigador "á súa maneira" do folclore galego. Composto na actualidade por unha trintena de compoñentes, ataviados con distintos e fermosos traxes típicos das diferentes comarcas de Galicia, están dirixidos por Julia Cabanelas. O repertorio do sábado está composto por sete cancións tradicionais con ritmos como a ruada, a pandeirada ou as foliadas. A Coral Polifónica de Bergantiños nace en 1969 a partir do Coro Xuventude de Bergantiños, dirixido por Don Manuel Rodríguez, e é unha das corais máis viaxeiras e experimentadas de Carballo. Ademais conta cun amplo repertorio que abrangue música do cancioneiro clásico español, tradicional galego, zarzuela, habaneras, pezas doutros continentes e mesmo alegres e divertidos arranxos que realiza a súa directora Gloria de los Ángeles Pardines. Así mesmo, varios dos membros da Coral son posuidores da insignia de prata de Marcial del Adalid, concedida pola Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario da Coruña. Variedade temática e rítmica caracterizan o repertorio da agrupación para a noite do sábado. Finalmente, as dúas agrupacións, teñen previsto ofrecer a todos os asistentes unha sorpresa como remate.

Compartir: