Inicio Carballo ao día Hemeroteca Trinta persoas de catorce nacionalidades...

NO PAZO DA CULTURA DE CARBALLO ATÉ O 20 DE DECEMBRO

Trinta persoas de catorce nacionalidades diferentes inician un obradoiro para coñecer a lingua e cultura galegas

Xoves 15 de novembro do 2012

Carballo dispón dun Servizo Municipal de Normalización Lingüística destinado a favorecer o proceso de recuperación e dinamización do galego. O obxectivo principal deste departamento pasa por incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal. O Concello quere demostrar o seu compromiso co idioma propio prestando especial atención ao proceso de normalización. Este labor comezou dende o seo da administración, coa galeguización dos seus servizos. A aposta contempla, ademais, a creación de programas dirixidos á poboación e a entidades asociativas e empresariais do municipio. Deste xeito conseguirase a implicación progresiva de todos os colectivos neste proceso. O proceso de normalización do galego debe conformarse como un proxecto social que compile as accións e vontades da cidadanía, das organizacións e das institucións. Activarase así un proceso participativo, democrático e construtivo. Dende o Servizo de Normalización do Concello póñense en marcha actividades como: actuacións encamiñadas a dinamizar o uso do galego nas actividades cotiás da cidadanía, en todos os eidos; propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien ao persoal e á sociedade respecto ao uso da lingua galega; propiciar e xestionar liñas de información e axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial e educativa para fomentar o uso do galego; promover e coordinar grupos de persoas interesadas na normalización. Estes funcionarán como axentes normalizadores entre a cidadanía.

Compartir: