Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello incorpora catro peóns á...

REALIZARÁN LABORES DE MANTEMENTO E LIMPEZA

O Concello incorpora catro peóns á Brigada de Medio Ambiente a través do Programa de Emprego Xunta-Deputación 2012

Venres 16 de novembro do 2012

Así mesmo, a Concellaría de Formación e Emprego quere lembrar a recente posta en marcha dunha Bolsa de Traballo Municipal dirixida a toda a poboación activa. Será de utilidade para as persoas en situación de desemprego que desexen regresar ao mundo laboral, para os que buscan o seu primeiro emprego ou para aqueles que queiran mellorar a súa situación laboral actual. O obxectivo desta Bolsa de Traballo é a intermediación laboral, constituíndo unha ferramenta de conexión entre a demanda e as ofertas de emprego que se xeran na contorna. As bases reguladoras da Bolsa de Traballo foron aprobadas na Xunta de Goberno Local celebrada o 22 de outubro de 2012 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia o pasado venres 2 de novembro. Esta ferramenta permitirá a divulgación de información en materia de emprego, recursos humanos e promoción económica, e contribuirá á dinamización da actividade económica para incentivar a creación de emprego e a implantación de empresas no municipio. O proxecto tamén recolle a posibilidade de elaborar, de forma independente ou en colaboración con outros organismos, programas específicos que incidan no desenvolvemento local, establecer e afirmar contactos co sector empresarial da zona como estratexia facilitadora de acceso ao mercado de traballo ou mellorar a transparencia de información á cidadanía e redundar na igualdade de oportunidades.

Compartir: