Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Alcalde despide á delegación...

BANCO EUROPEO DE TEMPO DE VOLUNTARIOS SÉNIOR

O Alcalde despide á delegación italiana que pasou tres semanas en Carballo grazas ao programa Senior BoT

Luns 19 de novembro do 2012

O proxecto "Senior BoT" -Banco Europeo de Tempo de Voluntarios Sénior, coordinado en Carballo polas concellarías de Igualdade, Formación e Terceira Idade- é unha iniciativa europea de voluntariado (cofinanciada polo Programa de Aprendizaxe permanente GRUNDTVIG da Comisión Europea) que ten como obxectivo desenvolver as competencias persoais, sociais e interculturais dos seus participantes, ofrecendo novas oportunidades de aprendizaxe a persoas maiores de 50 anos e fomentando o concepto de "envellecemento activo". O proxecto ten unha duración de 24 meses, conta coa colaboración da Asociación Sud-Est Donne (Italia) e pretende ampliar as actividades de voluntariado local baseadas nos Bancos de Tempo. O proxecto corre cos gastos de desprazamento e manutención dos participantes durante a súa estadía no estranxeiro, dándolles ademais unha preparación previa antes da súa partida.

Compartir: