Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo conmemora o 25 de novembro coa...

ACTOS ENTRE O 5 E O 30 DE NOVEMBRO

Carballo conmemora o 25 de novembro coa tradicional Feira das Asociacións, contacontos e obradoiros contra a violencia de xénero

Mércores 21 de novembro do 2012

O programa de sensibilización de 2012 tamén presta atención aos máis cativos e cativas. Así, o venres 30 o Pazo da Cultura acolle ás 10.30 horas unha sesión de contacontos dirixida aos nenos e nenas de 1º de Primaria na que se tratará de maneira sinxela a barreira de xénero para que rompan con ela e coa xerarquización dos estereotipos e roles asignados arbitrariamente a un e outro sexo, e así contribuir a educar nos valores do respecto, a tolerancia e a igualdade. Tamén tendo en conta aos escolares, aínda que non tan cativos, o Concello está realizando dende o luns 19 de novembro obradoiros sobre a prevención da violencia de xénero nos centros de ensino de Carballo nos que participan todos os alumnos e alumnas de 5º de Primaria. Esta actividade terá lugar até o 30 de novembro e contará coa colaboración dunha xornalista para analizar o papel da violencia machista nos medios de comunicación. Por último, non hai que esquecer que entre o 5 e o 15 de novembro o andar -1 do Pazo da Cultura acolleu a exposición "Móvete por África: as mulleres, futuro dun continente", unha mostra de Axuda en Acción que visitou Carballo grazas ao Fondo Galego de Cooperación. Aínda que centrados no continente africano, os datos reflectidos poden extrapolarse á situación cotiá da vida da muller na nosa contorna. Para obter máis información sobre a exposición, premer aquí. Os interesados tamén poden descargar nun documento en pdf o texto completo da Declaración Institucional do Concello de Carballo con motivo do 25 de novembro.

Compartir: