Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Novembro con Música supera o seu ecuador...

VENRES 23, SÁBADO 24 E DOMINGO 25 DE NOVEMBRO

O Novembro con Música supera o seu ecuador cun concerto folk, corais e un espectáculo dirixido aos máis cativos e cativas

Mércores 21 de novembro do 2012

Para finalizar esta fin de semana, a terceira dedicada á música do programa NCM, o domingo 25 de novembro todos os nenos e nenas maiores de tres anos teñen unha cita co grupo Os Tres Tenedores, dedicado á animación musical e infantil. Nun novo concerto dos denominados En familia -xa que están destinados a todos os públicos para que poidan desfrutar tanto os cativos e cativas como acompañantes máis maiores- preséntase "Ensalada de Instrumentos" nun formato innovador no que se mestura o teatro, a música e o humor. Nel amósanse as distintas familias instrumentais, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo, coreografías, etc., dun xeito divertido, didáctico e orixinal onde todo o mundo está invitado a pasalo ben. Durante a cita reflexiónase, ademais, sobre a historia dos instrumentos, ofrecéndolle aos integrantes do público a oportunidade de tocalos eles mesmos. O espectáculo é no auditorio do Pazo da Cultura e a hora de comezo, as 18.00 horas. Todas estas actividades, concertos e espectáculos son gratuítos con entrada libre ata completar aforo.

Compartir: