Inicio Carballo ao día Hemeroteca Declaración Institucional do Concello de...

SUBSCRITA POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN

Declaración Institucional do Concello de Carballo contra a violencia de xénero con motivo da conmemoración do 25 de novembro

Domingo 25 de novembro do 2012

Partindo de todos os avances que se teñen dado a nivel legal, as entidades públicas deben continuar cun impulso firme de medidas de sensibilización social en diversos ámbitos (o laboral, o institucional, os medios de comunicación, o ensino, etc.), deben ofrecer formación específica ás e aos profesionais que traten directa ou indirectamente con casos de violencia de xénero, así como poñer todos os medios e recursos necesarios para conseguir eliminar esta lacra social. O día 25 de novembro é, pois, unha data onde cómpre denunciarmos estas discriminacións e onde se fai necesario comprometernos individual e socialmente para loitar contra a violencia de xénero.

Por tanto, o Pleno Municipal, por unanimidade dos membros presentes, acorda:

  • Subscribir a presente Declaración.
  • Manifestar a nosa máis enérxica repulsa á violencia que se exerce contra as mulleres.
  • Expresar a nosa solidariedade coas vítimas da violencia de xénero e as súas familias.
  • Comprometernos co resto das Institucións e axentes sociais a seguir traballando pola erradicación da violencia de xénero, procurando a unidade de todos os partidos políticos para combater esta lacra descartando calquera uso partidista.
  • Impulsar no ámbito das nosas competencias e en aplicación da lexislación vixente, unha política municipal activa, integral e coordinada a favor de igualdade e contra a violencia de xénero.
  • Defender unha sociedade xusta e igualitaria en que mulleres e homes poidamos participar equilibradamente en todos os ámbitos sociais, políticos e culturais da nosa sociedade.
  • Traballar na prevención a través da educación e na sensibilización social tratando de implicar a todos os sectores e a toda a poboación.

Compartir: