Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Novembro con Música 2012 remata cos...

VENRES 30 DE NOVEMBRO E SÁBADO 1 DE DECEMBRO

O Novembro con Música 2012 remata cos concertos do Conservatorio Profesional e da Banda Municipal

Xoves 29 de novembro do 2012

Tamén é de salientar que todas as persoas poideron asistir a algún concerto dependendo do seu tramo de idade, para bebés, concertos En familia para cativos e cativas, ou concertos máis especificamente dedicados a público máis adulto como a música das Corais. Preto de 450 intérpretes aglutinados en 30 agrupacións que ofreceron un total de nove concertos ao longo de todo o mes. Complementado o programa, no que se rende tamén tributo á patroa de todos os músicos, Santa Cecilia, tamén houbo lugar para mostras e exposicións como as que se aínda se poden visitar nas salas de exposicións do Pazo da Cultura. Novembro con Música xa é un referente na comarca, un programa consolidado que proxecta imaxe e tenta dar a coñecer a nosa música e traer outras experiencias como os cantos de berce, os contacontos con escritoras de recoñecido prestixio e, como non, facer partícipes ás Agrupacións Musicais de Carballo (sexan ou non institucionais) para que todos nos vexamos implicados neste programa didáctico e, sobre todo, moi entretido.

Compartir: