Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 250 cativos e cativas asisten no...

A CITA PECHOU OS ACTOS CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO

Máis de 250 cativos e cativas asisten no Pazo da Cultura a un Contatoncos a prol da igualdade e contra a violencia de xénero

Venres 30 de novembro do 2012

No que respecta á sesión de hoxe, os contos cos que se traballou foron os seguintes: "O gatiño negrobranco", que aborda o tema da integración e da aceptación das diferenzas a través dun gato negro, nunha familia na que todos os gatos son brancos. "Non se permiten nenas", no que Tita xoga sempre co seu irmán Tito e os seus amigos, pero chega un momento en que esta comeza a ser mellor nos xogos "de nenos" que eles, así que a deixan de lado. Pero as circunstancias farán que se decaten de que non importa que sexa unha rapaza, e de que incluso pode que sexa mellor. "O avó e o neto", no que Xosé é o avó de Adrián, e aínda que vai moi vello e case non pode ver, trémenlle as pernas e oe mal, segue a ser unha parte moi importante da súa familia. "Papá!", que tenta amosar ao público infantil que existen distintos tipo de familia. "O libro dos porcos", no que unha mamá fártase un día de levar todo o peso das tarefas da casa deixándolle unha nota aos seus fillos e ao seu marido na que pon: "sodes uns porcos". Daranse conta en moi pouco tempo de todo o que ela facía. E, por último, "Cando os corvos eran multicolores", que conta como hai moito tempo os corvos eran de colores, pero por culpa das súas disputas e de non aceptarse como diferentes, volvéronse negros. A selección de contos é unha recompilación de diferentes fontes que perseguen un fin educativo e didáctico de igualdade e de convivencia.

Compartir: