Inicio Carballo ao día Hemeroteca Novo convenio de colaboración do Concello...

APRAZAMENTO DE SOBRECÁNONES DO MERCADO

Novo convenio de colaboración do Concello para a realización de prácticas de alumnado nas dependencias municipais

Luns 3 de decembro do 2012

Outro dos puntos incluídos na orde do día da Xunta de Goberno refírese ao aprazamento no pago das débedas por sobrecánones do Mercado Municipal de Abastos. Así, a administración local acorda autorizar o aprazamento e fraccionamento de varias liquidacións practicadas por ingresos de dereito público. Son catro peticións de aprazamento orixinadas pola situación de crise económica, podéndose considerar en circunstancias puntuais que o aprazamento é a única alternativa viable para conseguir a realización do crédito para certos contribuíntes que carecen de medios para atender ao pagamento dos importes que se lle esixen. En cada caso aplicaránselle os xuros de demora correspondentes. A Xunta de Goberno tamén supuxo a dación de conta do Resumo de Ingresos da recadación municipal no período comprendido entre o 1 de setembro e o 31 de outubro de 2012. No que se refire a Caixa Municipal o importe para setembro é de 224.286 euros e de 42.630 euros para outubro; na Recadación municipal para outubro de 2012 o importe é de 2.324.554 euros. Por último, a orde do día incluíu unha modificación no contrato administrativo da obra "Proxecto de urbanización do polígono 26" polo que o prezo do contrato pasa de 741.999 euros a 900.485 euros, tendo sido no seu momento o orzamento do proxecto inicial de 935.097 euros.

Por último, a Xunta de Goberno supuxo o cambio de titularidade de 13 vaos permanentes, a modificación da lonxitude doutro vao, a concesión de seis licenzas de obra (unha fóra da orde do día) e de dúas licenzas de primeira ocupación.

Compartir: