Inicio Carballo ao día Hemeroteca Constituída unha Comisión de...

PRÓXIMA XUNTANZA: O 22 DE XANEIRO

Constituída unha Comisión de coordinación social para axudar aos máis necesitados e paliar as consecuencias dos desafiuzamentos

Martes 4 de decembro do 2012

Así, durante a reunión houbo acordo en que é necesario axilizar os pagos da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) en lugar de prolongalos, xa que iso non contribúe a mellorar a situación de moitas familias. A RISGA é unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendentes á mellora da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral da persoa beneficiaria. Na reunión estiveron presentes, ademais do Alcalde, o voceiro do PSOE, José Antonio Viña; o voceiro de TEGA, Manuel Andrade; o Concelleiro do PP Miguel Ángel Ferreiro; a Concelleira de Igualdade e Benestar, Silvana Castro; a presidenta de Cruz Vermella en Carballo, Matilde Anido; a Educadora Social de Cáritas, Maite Prieto; Carlos Taibo e Ana Hoyuelos en representación dos Servizos Sociais municipais; e outros membros de Cáritas e Cruz Vermella. Hai que subliñar que nos últimos meses os Servizos Sociais municipais levan atendido xa a máis de setenta persoas que se teñen quedado sen vivenda, ademais de que o Concello xa duplicou no que vai de 2012 os recursos que destina a vales de alimentos respecto do ano pasado. No que respecta aos desafiuzamentos, o obxectivo da comisión será mediar entre inquilinos e persoas en aluguer que non poden asumir o pago da renda, ou incluso coas entidades financeiras no caso dos desafiuzamentos, para tentar paliar no posible estas situacións.

Compartir: