Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Fórum acolle unha charla-obradoiro sobre...

MÉRCORES 12 DE DECEMBRO ÁS 20.30 HORAS

O Fórum acolle unha charla-obradoiro sobre a vantaxe das empresas galegas na internacionalización

Venres 7 de decembro do 2012

Durante o obradoiro farase fincapé en que ser empresario/a galego/a é unha vantaxe fronte ao resto de empresas do estado español neste novo mundo de relacións económicas, pois nós, cun mínimo esforzo, podemos entender e comunicarnos perfectamente no mercado lusófono, conectando cun país como Brasil que nos próximos anos organizará un mundial de fútbol e uns xogos olímpicos, que seguirá crecendo e abrindo mercado e na que as empresas galegas teñen moito que gañar. Ademais, desde o punto de vista turístico, os establecementos hostaleiros galegos tamén teñen unha clara vantaxe sobre os do resto do estado español, e é que a través do galego, e cun mínimo esforzo, pode entenderse e comunicarse sen problema coa clientela portuguesa e brasileira. As persoas que guiarán a cita son José Ramom Pichel, enxeñeiro informático e empresario de Imaxin Software, e Valentim R. Fagim, profesor da Escola de Idiomas de Santiago de Compostela. O obradoiro está aberto á participación de todos/as os/as empresarios interesados/as, e agradécese previa confirmación de asistencia no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico <nelvidal@carballo.org>

Compartir: