Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello xa conta coa documentación...

NOVA XUNTANZA DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO

O Concello xa conta coa documentación completa do PXOM e o levará ao pleno para a súa aprobación inicial ao longo deste mes

Luns 10 de decembro do 2012

Unha vez estudadas e resoltas as alegacións, o documento sería enviado de novo á Xunta para o seu ditame definitivo, e volvería por segunda vez ao pleno da corporación para ratificar a súa aprobación definitiva. Hai que lembrar que Carballo está inmerso nun proceso para aprobar un novo PXOM debido á anulación do planeamento aprobado en 2003, unha anulación ratificada por unha sentenza firme do Tribunal Supremo en novembro de 2011. Nestes momentos está vixente unha ordenación transitoria, que terá vixencia ata a aprobación dun novo PXOM, na que se adoptan como referencias principais as normas subsidiarias dos anos 80 para a clasificación do solo e a Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA) para a aplicación das normas urbanísticas correspondentes en cada caso. Así mesmo, o pasado 11 de maio entrou en vigor a suspensión de licenzas decretada para as zonas nas que poderían entrar en colisión a vella normativa e a que está en tramitación nestes momentos. Esta situación, non obstante, non pode prolongarse máis alá de dous anos, polo que antes de maio do 2014 deberá estar aprobado o novo documento de forma definitiva.

Compartir: