Inicio Carballo ao día Hemeroteca A exposición "O noso mundo, o noso...

ATÉ O 21 DE DECEMBRO NO FÓRUM CARBALLO

A exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" reflexiona sobre o cambio climático e as súas causas e efectos

Martes 11 de decembro do 2012

"O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" está composta por 19 paneis de lona, unha unidade audiovisual ("Cambio Climático: o reto do século XXI") e dous módulos didácticos ("E máis eu, cantas emisións podo evitar?" e "Emisión cero": pila de combustible de hidróxeno). A temática do cambio climático é complexa, e como consecuencia hai un gran descoñecemento sobre el por parte da cidadanía. Con esta exposición preténdese dar a coñecer a todos os galegos e galegas este problema ambiental, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Así, nos últimos trinta anos a temperatura media de Galicia ten aumentado en 1,5 grados centígrados, ademais de ter subido o nivel do mar en nove centímetros nos últimos 50 anos, multiplicarse as vagas de calor, adiantarse a floración ou modificarse os ciclos das aves migratorias. A mostra intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente. A mostra está baseada no proxecto CLARITY - Acción Educativa por el Clima- que pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte.

Compartir: