Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para os expedientes de...

CONTRATO PARA A DIRECCIÓN DA BANDA DE GAITAS

Luz verde para os expedientes de contratación de tres melloras incluídas no Plan DTC 94 da Deputación provincial

Luns 17 de decembro do 2012

No apartado de contratación, a sesión tamén supuxo luz verde para o expediente do contrato administrativo do "Servizo de dirección e coordinación da Banda de Gaitas Municipal de Carballo". Ademais da oferta económica, valorarase a oferta educativa, tendo en conta a promoción para a incorporación de novos alumnos á agrupación musical; a incorporación de novas técnicas de aprendizaxe para os distintos instrumentos; a incorporación de novas técnicas de dinamización educativa para a banda ou o número aproximado de pezas que se ensinan ao ano. Terase en conta, así mesmo, a incorporación a programas, redes ou convenios con outras administracións para a realización de actuacións musicais; os intercambios musicais con outros concellos ou agrupacións musicais; a recuperación do patrimonio etnográfico da comarca de Bergantiños; a disciplina e imaxe que transmite a banda; o repertorio coherente, harmonización e afinación da banda; a asistencia aos ensaios e actuacións; e a proposta para a gravación dun CD. O contrato tería unha duración inicial de dous anos sen prórroga. No apartado de convenios, a sesión incluíu a aprobación dunha addenda ao acordo de colaboración subscrito polo Concello de Carballo e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña para o desenvolvemento do programa de antenas "Servizos de proximidade para a pequena e mediana empresa". Por esta addenda o convenio prorrógase até o 31 de decembro de 2013.

Por último, no apartado de subvencións, aprobouse o pagamento para as destinadas a Asociacións que desenvolvan actividades no eido dos servizos sociais. No que se refire a licenzas, a Xunta de Goberno aprobou seis licenzas de obra, unha licenza de obra e apertura e unha licenza de primeira ocupación.

Compartir: