Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 32 empresas presentan ofertas para...

O ORZAMENTO ASCENDE A MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS

Un total de 32 empresas presentan ofertas para realizar a Fase I do Proxecto Anllóns-Bardoso de mellora do abastecemento de auga

Mércores 19 de decembro do 2012

Así mesmo, suporía a instalación dunha nova condución de 400 mm de diámetro de 1.630 metros de lonxitude dende este novo depósito de Seixo Branco ata o lugar de A Ponte de Bértoa sobre o Río Anllóns. O orzamento previsto para a Fase I é de 1.153.754 euros (IVE engadido) e estes traballos están cofinanciados pola Unión Europea a través das axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). O prazo total de execución previsto para esta primeira etapa é de oito meses. O "Proxecto Anllóns-Bardoso. Posta en valor dos ríos" ten un orzamento global, incluíndo as dúas fases, de 4.145.796,5 euros, dos cales 2.902.057,59 euros serán achegados polos fondos europeos e o 30 por cento restante polo Concello carballés. Esta iniciativa mellorará considerablemente o subministro e a calidade das augas na capital carballesa, ademais da protección da canle do Anllóns en situacións de seca, xa que nalgunha ocasión se ten visto ameazada. Así mesmo, a actuación inclúe un apartado de educación ambiental sobre o ciclo da auga dirixido a diferentes sectores da poboación para redundar na protección da natureza.

Compartir: