Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello realiza labores de desbroce de...

SOGAMA PROMOVE BOAS PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS NO NADAL

O Concello realiza labores de desbroce de beirarrúas e de limpeza de solares municipais no casco urbano e a súa contorna

Xoves 20 de decembro do 2012

Seguindo coas comidas e banquetes de Nadal, recoméndase aproveitar as sobras para elaborar novos menús e que os alimentos non acaben no lixo, xa que os consumidores europeos e norteamericanos arroxamos anualmente ao cubo do lixo, per cápita, ao redor de 95-115 quilos de alimentos. Outros dos consellos que Sogama quere transmitir é a de fabricar cada un os seus propios agasallos. Así, non fan falta grandes sumas de cartos para que mostres o agarimo aos teus. Nin sequera teñen por que ser obxectos tanxibles. "Aprende con Eco os 3R" é un proxecto educativo de carácter interactivo promovido por Sogama no que se recollen diversos obradoiros de reutilización para fabricar artigos varios (útiles, decorativos, de xogo, etc.) e que pode consultarse en <www.sogama.es>. Tamén fai fincapé en que se eviten os envoltorios e envases innecesarios; se adquiran xoguetes realizados con materiais reciclados e se entreguen os que xa non se utilicen na casa a familias sen recursos ou a organizacións que se encarguen de darlles unha segunda vida; utilizar pilas recargables para eses xoguetes e para os aparellos electrónicos, xa que aínda que sexan máis caras ao principio, a longo prazo sempre resultan máis rendibles económica e medioambientalmente; e optar polas felicitacións de Nadal por correo electrónico ou elaboradas con material reciclado.

Compartir: