Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Nadal Pequespectacular ofrece teatro,...

RESERVA DE ENTRADAS NO 981 704 300 DE 11.00 A 14.00 HORAS

O Nadal Pequespectacular ofrece teatro, música e maxia durante tres días para os máis cativos e cativas

Mércores 26 de decembro do 2012

O xoves 27 de decembro, no mesmo lugar e hora e tamén cos mesmos prezos e condicións, o Nadal Pequespectacular opta por un dos formatos que máis éxito ten entre os cativos e cativas carballeses: a maxia. Antonio Romarís é o encargado desta cita titulada "Magia Potagia". Ademais de mago, Romarís é produtor e director de maxia de recoñecido prestixio en Galicia que sempre destacou por ter unha ampla e completa visión do mundo do espectáculo. Traballou sempre dende o punto de vista do público e dos seus principais clientes, os Concellos, creando propostas escénicas innovadoras e atractivas para ambos os dous. Como artista, ten elaborado un estilo de maxia propio que conecta coa idiosincrasia do pobo galego. Moitos dos seus números son creacións propias e as súas propostas adoitan contar co favor do público.

E o programa do Nadal Pequespectacular péchase o venres 28 de decembro ás 18.00 horas con Mamá Cabra, un grupo de música infantil moi aprezado polo público carballés. Teñen sete traballos publicados (un deles gravado precisamente no Pazo da Cultura de Carballo) e dous espectáculos en marcha: "Ola, ola, la!", e "Cantos pequenos". O primeiro xa estivo na vila e o segundo, que poderán desfrutar o venres os cativos e cativas, é unha mestura das cancións que mais gustaron das súas publicacións. Os espectáculos son sobre todo participativos e didácticos. Sempre hai unha canción para falar da importancia de comer de todo, de comer froitas e verduras, sempre hai algunha de bailar e sempre hai algunha de cantar. A cita dura sobre unha hora e vai dirixida a nenos e nenas entre 0 e 10 anos. O prezo é o mesmo que para as outras dúas citas do programa: 2,5 € (2 € con desconto para menores de 12 anos e maiores de 65).

Compartir: