Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 500 rapaces e rapazas dende...

A CITA É O MARTES 29 DE XANEIRO A PARTIR DAS 10.00 HORAS

Máis de 500 rapaces e rapazas dende benxamíns a cadetes participan nunha proba da fase local de Campo a través

Martes 22 de xaneiro do 2013

O Xerente do Padroado Deportivo Municipal, Francisco García Bello, puntualiza que a participación tense visto algo reducida respecto da edición anterior precisamente porque o mal tempo ten disuadido a algúns corredores. Explica que o Padroado traballa para que a próxima edición poida celebrarse antes de Nadal, xa que estatisticamente as condicións meteorolóxicas tenden a ser mellores. Respecto da competición, clasificaranse para o Campionato Intercomarcal que terá lugar na Coruña os dous mellores equipos e os oito primeiros atletas de cada categoría. Respecto do programa, a proba comeza ás 10.00 horas e as saídas nas distintas categorías produciranse na seguinte orde, a partir das 10.15 horas, cada quince minutos: cadete masculino (2.500 m); cadete feminino (1.200 m); infantil masculino (1.200 m); infantil feminino (800 m); alevín masculino (800 m); alevín feminino (600 m); benxamín masculino (500 m); e benxamín feminino (500 m). Os principais obxectivos desta cita son o de fomentar unha práctica deportiva educativa e saudable; difundir os valores da competición desde unha perspectiva regrada; e facilitar a práctica dunha modalidade de grande tradición histórica en Galicia.

Compartir: