Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Oficina Técnica ten rexistrado...

EN 2012 TRAMITÁRONSE UN TOTAL DE 17 PARA UNIFAMILIARES

A Oficina Técnica ten rexistrado máis de 3.700 solicitudes de licenzas de obra para vivendas nos últimos dez anos

Luns 7 de xaneiro do 2013

Os datos da Oficina Técnica tamén recollen o rexistro de solicitudes para licenzas de actividades inocuas (non sometidas a avaliación ambiental) e molestas (sometidas a avaliación ambiental). Durante o ano 2012 recolléronse 64 para actividades inocuas e 14 para molestas, fronte ás 67 e 58, respectivamente, rexistradas en 2011. No que respecta á evolución dos últimos 10 anos do total de solicitudes de licenzas de obra para vivendas no municipio, é a seguinte: 371 solicitudes en 2003 (327 para edificios de vivendas, 44 para vivenda unifamiliar); 263 solicitudes en 2004 (215 edificios, 48 unifamiliar); 492 en 2005 (441 edificios, 51 unifamiliar); 1.138 en 2006 (1.043 edificios, 95 unifamiliar); 624 en 2007 (565 edificios, 59 unifamiliar); 742 en 2008 (662 edificios, 80 unifamiliar); 30 en 2009, todas para vivenda unifamiliar; 22 en 2010 (unifamiliar); 36 en 2011 (unifamiliar); e finalmente 17 en 2012 (unifamiliar). Hai que aclarar, respecto do máximo rexistrado en 2006, que ese ano viviuse unha situación anómala, xa que se formalizaron moitas solicitudes que non recibiron curso debido a que estaban previstas varias modificacións na normativa urbanística, polo tanto, os datos son sesgados.

Dúas solicitudes para o Parque Empresarial de Bértoa

No que respecta ao número de licenzas de obra para a construción de naves no Parque Empresarial de Bértoa ao longo do ano 2012, rexistráronse un total de dúas, tendo sido sete no ano 2011. De feito, o ano 2011 rexistrou o número de solicitudes máis elevado dende o ano 2007, en que se rexistraran un total de 15 peticións. Nos últimos nove anos (no período entre 2003 e 2011) o exercicio no que se rexistraron máis solicitudes de licenzas de obra para naves industriais foi o ano 2006, con 23. O ano de menos actividade foi o 2010, con tan só unha petición de licenza, seguido do 2012 con dúas e o 2009 con catro. Na última década a Oficina Técnica ten tramitado un total de 97 solicitudes de licenzas para o parque empresarial, a ampla maioría para a primeira fase do polígono, aínda que as últimas correspóndense coa segunda fase. Hai que lembrar que situación actual do PXOM non afecta ao desenvolvemento do Parque Empresarial, onde se poden seguir solicitando licenzas con normalidade.

Compartir: