Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os obradoiros son protagonistas na última...

CULTURA

Os obradoiros son protagonistas na última semana do Nadal Cultural

Martes 3 de xaneiro do 2006

O plato forte das actividades queda reservado ao xoves, coa Cabalgata de Reis en Carballo, que percorrerá tamén as rúas de Berdillo, Sísamo, Bértoa e Baldaio. A Praza do Concello será o destino final do percorrido dos Reis, contra as oito da tarde. O venres tamén haberá Cabalgata de Reis en Sofán, Artes e Cances, co itinerario e horarios de pasadas edicións. Tamén o xoves está prevista a derradeira das proxeccións do ciclo Cine de Nadal, neste caso no Local Social de Sísamo.

Cine

Tamén o xoves está prevista a última das proxeccións do ciclo Cine de Nadal, neste caso no Local Social de Sísamo ás 17,00 horas.

Compartir: