Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remata o obradoiro de integración...

XOVES 10 DE XANEIRO ÁS 11.00 E ÁS 20.00 HORAS

Remata o obradoiro de integración ligüística e cultural cunha visita á feira e a presentación dun vídeo

Mércores 9 de xaneiro do 2013

Hai que subliñar que no obradoiro participaron un total de 30 persoas chegadas desde Brasil, Chile, Colombia, Cuba, México, Nixeria, Paraguai, República Checa, República Dominicana, Romanía, Senegal, Uruguai, Venezuela e de diversos puntos do estado español. Xente que non naceu en Galicia, mais á que lle gusta coñecer as nosas costumes ao mesmo tempo que dá a coñecer as súas. Persoas que querían saber o que é un carballo, o agarimo, o Antroido ou a choiva. Mulleres e homes aos que lles gusta coñecer a lingua e cultura galegas, para saber máis ou para intentar acceder mellor a un traballo aquí. Hai que lembrar que Carballo dispón dun Servizo Municipal de Normalización Lingüística destinado a favorecer o proceso de recuperación e dinamización do galego. O obxectivo principal deste departamento pasa por incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal. O Concello quere demostrar o seu compromiso co idioma propio prestando especial atención ao proceso de normalización. Este labor comezou dende o seo da administración, coa galeguización dos seus servizos. A aposta contempla, ademais, a creación de programas dirixidos á poboación e a entidades asociativas e empresariais do municipio. Deste xeito conseguirase a implicación progresiva de todos os colectivos neste proceso.

Compartir: