Inicio Carballo ao día Hemeroteca Participantes no Obradoiro de integración...

A PEZA COLGARASE NAS REDES SOCIAIS

Participantes no Obradoiro de integración lingüística e cultural difunden o vídeo "Nov@s galeg@s que queren falar galego"

Venres 11 de xaneiro do 2013

Aínda que no vídeo interveñen 13 persoas, no obradoiro participaron 30, chegadas desde Brasil, Chile, Colombia, Cuba, México, Nixeria, Paraguai, República Checa, República Dominicana, Romanía, Senegal, Uruguai, Venezuela e de diversos puntos do estado español. En definitiva, participaron na actividade persoas que chegaron a Carballo desde diversos lugares e con diversas nacionalidades. Xente que non naceu en Galicia, mais á que lle gusta coñecer os nosos costumes ao mesmo tempo que dá a coñecer os seus. Persoas que queren saber o que é un carballo, o agarimo, o Antroido ou a choiva. Mulleres e homes aos que lles gusta coñecer a lingua e cultura galegas, para saber máis, para integrarse mellor ou para intentar acceder mellor a un traballo aquí.

O vídeo tamén está dispoñible nesta mesma nova:

Compartir: