Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde ao contrato de coordinación de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Luz verde ao contrato de coordinación de seguridade e saúde da Fase I da "Mellora do sistema xeral de abastecemento a Carballo"

Luns 14 de xaneiro do 2013

Entre os asuntos tratados durante a orde do día, hai que mencionar a aprobación das facturas incluídas nun recoñecemento extraxudicial de crédito -de realización obrigatoria en virtude da Lei de loita contra a morosidade- polo que se pagarán as facturas presentadas no Rexistro do Concello antes do 31 de decembro de 2012 e que por falta de tempo na súa tramitación ou polo esgotamento das partidas correspondentes non se puideron abonar antes do remate de 2012. O importe é de 37.287,36 euros e está previsto que comecen a pagarse a partir do martes 15 de xaneiro, despois da súa aprobación no pleno do 10 de xaneiro e da súa ratificación na Xunta de Goberno. A sesión tamén incluíu a aprobación dun convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Asociación Xuvenil Fogar da Xuventude para a realización da Cabalgata de Reis 2013. E por último, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación de dous vaos permanentes, o cambio de titularidade doutros dous, a concesión de dúas licenzas de obra e de catro licenzas de obra e apertura (para un laboratorio de prótese dental, un almacén de material de construción, un despacho de pan e unha carpintaría de madeira en Cances).

Compartir: