Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello acolleu unha xuntanza da...

CONTARON CUNHA REPRESENTANTE DA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO

O Concello acolleu unha xuntanza da comisión de seguimento e da comisión técnica da violencia de xénero

Martes 15 de xaneiro do 2013

Hai que lembrar que o Centro de Información á Muller (CIM) de Carballo ofrece un servizo gratuíto e desinteresado mediante as consultas persoais, telefónicas ou escritas na planta baixa da Casa do Concello. Este departamento, creado en 2001, proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade de oportunidades. O CIM garante en todo momento o anonimato na identidade das súas usuarias e a privacidade das cuestións que estas poidan plantexarlle ao persoal do Centro. Esta entidade desenvolve ao longo de todo o ano unha serie de actividades de apoio para as mulleres que inclúen dende cursiños ata atención psicolóxica ou programas de axuda e xornadas en prol da igualdade. Entre os servizos que se ofrecen está a asesoría xurídica gratuíta para mulleres, información e asesoramento integral para mulleres, atención psicolóxica ou un fondo de emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Compartir: