Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon a disposición dos...

PODE CONSULTARSE E/OU DESCARGARSE A PARTIR DE HOXE

O Concello pon a disposición dos veciños e veciñas a través da web municipal o documento para aprobación inicial do PXOM

Mércores 16 de xaneiro do 2013

Ademais de a través da páxina web municipal, o goberno abre a partir do luns 21 de xaneiro un período de exposición da documentación e dos planos nas instalacións do complexo Fórum Carballo. O horario de consulta é de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas, e martes e xoves de 17.00 a 20.00 horas. A cidadanía poderá falar con técnicos e expertos para aclarar as súas dúbidas. Así mesmo, está prevista unha xuntanza o venres 18 de xaneiro á que están convidados todo tipo de profesionais relacionados co urbanismo, para que examinen as claves do documento e reciban información sobre o proceso. Por último, está programado un calendario de xuntanzas nun total de 13 lugares das parroquias do municipio para informar do documento para a aprobación inicial do PXOM. Nas xuntanzas, que teñen lugar a partir do 21 de xaneiro, estarán sempre presentes técnicos relacionados coa elaboración do documento, así como algún representante do goberno municipal. Os lugares e horarios das xuntanzas son os seguintes:

  • Lema-Vilela: 21 de xaneiro ás 17.00 horas. Escola de Lema.
  • Noicela-Rebordelos: 21 de xaneiro ás 19.00 horas. Local Social de Imende.
  • Oza: 22 de xaneiro ás 17.00 horas. Local Social de Oza.
  • Bértoa: 22 de xaneiro ás 19.00 horas. Local Social de Bértoa.
  • Aldemunde: 23 de xaneiro ás 17.00 horas. Local Social de Aldemunde.
  • Sofán: 23 de xaneiro ás 19.00 horas. Local Social de Sofán.
  • Artes: 28 de xaneiro ás 17.00 horas. Local Social de Artes.
  • Berdillo: 28 de xaneiro ás 19.00 horas. Local Social de Berdillo.
  • Entrecruces: 29 de xaneiro ás 17.00 horas. Local Social de Entrecruces.
  • Rus-Ardaña: 29 de xaneiro ás 19.00 horas. Local Social de Ramil-Rus.
  • Sísamo-Xoane: 30 de xaneiro ás 17.00 horas. Local Social de Sísamo.
  • Cances: 30 de xaneiro ás 19.00 horas. Local Social de Cances.
  • Razo: 4 de febreiro ás 17.00 horas. Escola Unitaria de Razo.

Compartir: