Inicio Carballo ao día Hemeroteca A empresa Reave dá a coñecer aos...

ESTÁ EN MARCHA UN CONCURSO ESCOLAR

A empresa Reave dá a coñecer aos nenos e nenas carballeses a importancia da reciclaxe do aceite de cociña

Xoves 17 de xaneiro do 2013

Máis alá dos escolares, dende hai seis meses os cidadáns que o desexen poden reciclar o seu aceite de cociña usado. O único que teñen que facer é verter o aceite (de xirasol, de oliva, de millo, de soia, ou o das conservas) nun recipiente de plástico. Logo, deben levar o envase perfectamente pechado aos colectores de cor laranxa situados en varios edificios de titularidade municipal: Casa do Concello, Mercado, Pazo da Cultura, Ambulatorio Vello, Piscina Vila de Noia e Piscina Carballo Calero. Hai que lembrar aos veciños e veciñas que non deben depositar o aceite nin en latas, nin en vidro, nin en ningún outro tipo de recipiente que non sexa plástico. Así mesmo, Reave informa aos usuarios e usuarias de que os colectores están pensados para botellas de entre medio litro e dous litros, polo que solicitan que se evite o uso das garrafas de cinco litros. Por outra banda, ademais de facilitar a recollida nos colectores dos edificios municipais, Reave tamén lles ofrece ás comunidades de veciños da vila a posibilidade de chegar a un acordo e instalar un colector nos seus edificios. O único que deben ter é un espazo para colocar o recipiente, dun metro e medio de alto e medio metro de ancho e de fondo. Nestes momentos, a empresa xa se encarga nalgunhas comunidades (una decena) da recollida de forma regular e de xeito totalmente gratuíto. Para obter este servizo, os interesados e interesadas poden contactar con Óscar M. Villa e Antonio Pedreira, responsables de Reave, nos teléfonos 676 829 578 e 676 254 999.

Compartir: