Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta emprende un estudo de viabilidade para...

REXEITADA A POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA TES+BUS

A Xunta emprende un estudo de viabilidade para incluír a Carballo no Plan de Transporte Metropolitano de Santiago e A Coruña

Xoves 24 de xaneiro do 2013

Ferrero tamén falou con Rodríguez Bugarín da proposta do Concello para poder beneficiarse do programa TES+BUS, especialmente polo deterioro do transporte público regular de viaxeiros nos últimos anos debido á redución de liñas, a segregación de empresas do sector e as reordenacións que levaron aparelladas. Así, a implantación do programa TES+BUS en Carballo suporía permitir que os veciños e veciñas das parroquias puideran utilizar conxuntamente as rutas de transporte escolar público para os seus desprazamentos, pagando un euro por cada viaxe realizada. Así, por exemplo, a cidadanía podería empregar o servizo de Autos Carballo para o alumnado do IES Isidro Parga Pondal, xa que transcorre polas parroquias de Carballo, Entrecruces, Rus, Silván (Coristanco) e Ardaña. Porén, Rodríguez Bugarín expuxo que existe un informe da Consellería de Educación polo que se alega que non hai dispoñibilidade algunha de prazas libres nos autobuses escolares que outorgan servizo no municipio, polo que polo de agora non será posible a implantación do TES+BUS en Carballo. En todo caso, Evencio Ferrero, manifestou a vontade do goberno local de reiterar a solicitude para poder implantar o programa no curso 2013-2014.

Compartir: