Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado en Xunta de Goberno o expediente de...

LUZ VERDE ÁS BASES DO CERTAME FOTOGRÁFICO XOSÉ MANUEL EIRÍS

Aprobado en Xunta de Goberno o expediente de contratación das obras para unha "Rede de saneamento en Pedra Furada"

Luns 28 de xaneiro do 2013

No apartado de convenios, a Xunta de Goberno aprobou un coa Universidade da Coruña (UDC) para a realización de prácticas externas curriculares dos estudantes da Facultade de Dereito. A duración prevista do convenio é dun ano académico. Así mesmo, saíu adiante un convenio de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) co Concello para a organización de prácticas para alumnado de calquera das titulacións da USC. O obxectivo das prácticas é o de que o alumnado adquira unha experiencia enriquecedora para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral. Por último, a sesión supuxo a aprobación do programa de Antroido 2013 e das bases dos concursos que se desenvolven dentro do programa, así como a aprobación das bases do XV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, dotado con máis de 1.500 euros en premios e que admitirá a presentación de traballos entre o mércores 30 de xaneiro e o martes 26 de febreiro de 2013. A Xunta de Goberno tamén aprobou tres licenzas de obra e tres licenzas de primeira ocupación.

Compartir: