Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Campionato Galego de Natación Master de...

DOMINGO 3 DE FEBREIRO NA PISCINA CARBALLO CALERO

O Campionato Galego de Natación Master de Inverno congrega en Carballo a 232 competidores de entre 20 e 80 anos

Venres 1 de febreiro do 2013

Tanto Tomé como Mosquera quixeron subliñar o crecemento que está a experimentar a categoría master nos últimos tempos, no que a xente adestra para mellorar, pero tamén aproveitando a súa faciana social e de lecer. Os nadadores agrúpanse en tramos de idade de 5 en 5 anos a partir dos 20, ofrecéndose a posibilidade competir varios de distintos treitos de idade na mesma carreira, xa que o que se contabiliza ao remate son os tempos. Deste xeito, contribúese á maior espectacularidade das probas, xa que todos nadan a un ritmo semellante. Entre os clubs que participan hai que subliñar os chegados dende Vigo, Compostela, Coruña ou Arzúa e entre as probas máis interesantes están os relevos, en categoría masculina e feminina, libres e por estilos. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que presentou a proba acompañado do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo resaltar o feito de que no municipio existan tres clubs de natación, cunha moi boa oferta neste deporte. Por último, manifestou a súa satisfacción porque a Federación confíe nas instalacións da vila e desexou que sexa unha boa xornada de competición.

Os interesados e interesadas en obter máis información, poden facelo nesta mesma nova a través da web da Federación Galega de Natación (FEGAN).

Compartir: