Inicio Carballo ao día Hemeroteca Sanidade informa de que a clasificación...

INCLÚE A RAZO, BALDAIO, PEDRA DO SAL E AS SAÍÑAS

Sanidade informa de que a clasificación final da auga de todas as zonas de baño do municipio carballés é "excelente"

Luns 4 de febreiro do 2013

Así, o símbolo da Bandeira Azul recoñece tamén a calidade de servizos como por exemplo duchas e áreas de estacionamento, a excelencia da xestión ambiental, da seguridade e en xeral das instalacións das que dispoñen as praias, atendendo á accesibilidade, ao feito de que exista recollida selectiva, ao servizo de salvamento e socorrismo, etc. Para conseguir a Bandeira Azul é preciso realizar numerosos controis, entre os que destacan as análises periódicas das augas dos areais. Ademais do coidado das augas, o Concello encárgase da limpeza das praias, xa que dende xuño de 2010 a empresa Eulen encárgase do labor de 'Limpeza de praias do municipio de Carballo' non só durante o verán, senón tamén dende o 16 de setembro até o 1 de outubro e dende o 1 de abril até o 15 de abril, co obxecto de garantir o mellor estado posible dos areais. Hai que lembrar que as praias de Razo, As Saíñas ou Pedra do Sal constitúen un dos principais atractivos turísticos de Carballo. Milleiros de persoas achéganse a eles durante a tempada de bo tempo para gozar da paisaxe e o mar. Quen prefira optar pola soidade e o silencio, pode internarse no extenso sistema de dunas que caracteriza a este espazo natural incluído na Rede Natura 2000.

Compartir: