Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aspaber e Urbaser, responsable da recollida de...

PODE CONTACTARSE CO SERVIZO NO TWITTER @CarballoLimpo

Aspaber e Urbaser, responsable da recollida de lixo, estenden o servizo de limpeza viaria ás beirarrúas do casco urbano

Martes 5 de febreiro do 2013

Dende todas as entidades implicadas en Carballo Limpo recordan que hai un xeito moi sinxelo de colaborar co proxecto, que consiste en poñerse en contacto co servizo, ben chamando ao teléfono 981 75 49 17, en <www.carballolimpo.com> e agora tamén a través da conta de Twitter <@CarballoLimpo>, para calquera aviso ou suxestión. Así mesmo, convén lembrar que dende que a Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Urbaser e Servigal ten asumido a xesión do servizo de recollida de lixo, Punto Limpo e Canceira do Concello de Carballo téñense rexistrado algúns cambios na xestión. Entre eles, a ampliación do horario do Punto Limpo do parque empresarial de Bértoa ou o incremento de días de recollida do Punto Limpo Móbil. Así, no primeiro caso a apertura é xoves e sábados de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas, incorporándose o horario de tarde. No segundo, amplíase substancialmente a recollida de voluminosos a domicilio, prestándose a partir de agora o servizo todos os mércores entre as 7.00 e as 13:40 horas, cando antes se limitaba aos primeiros martes de mes. Os usuarios/as que o desexen tan só deben avisar primeiro por Twitter ou por teléfono e depositar os enseres a carón dos colectores os martes pola noite.

Compartir: