Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 20 persoas están inscritas nos...

ENTREVISTAS PERSOAIS: VENRES 8 DE FEBREIRO

Un total de 20 persoas están inscritas nos módulos do Plan de Formación Integral para emprendedores do Fórum Carballo

Mércores 6 de febreiro do 2013

Respecto da temática das distintas accións formativas, o Módulo 1 conta con 20 horas de duración e aborda a Motivación e iniciativa para o proxecto a través do Coaching para o desafío profesional e desenvólvese entre o 13 e o 28 de febreiro; o Módulo 2, tamén de 20 horas, titúlase Reflexión estratéxica e plan de viabilidade e ten lugar entre o 4 e o 19 de marzo; o Módulo 3 conta con 40 horas e aborda os Coñecementos básicos en Administración de Finanzas a través da Xestión económico-financeira (20 horas), a Negociación coa banca (10 horas) e a Xestión laboral (10 horas), desenvolvéndose entre o 1 de abril e o 13 de maio; por último, o Módulo 4 de Requisitos legais para a apertura dun establecemento, ten 60 horas de duración entre o 14 e o 30 de maio e céntrase nun Curso básico de Prevención de Riscos Laborais no sector. Todas as actividades relacionadas coa formación terán lugar no complexo Fórum Carballo (na imaxe, o auditorio da Nave 1).

Compartir: