Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello expón ante a Xefatura...

AS MELLORAS NO CEIP GÁNDARA-SOFÁN REALIZARANSE EN SEMANA SANTA

O Concello expón ante a Xefatura Territorial de Educación as deficiencias da cobertura de Internet nos colexios do rural

Xoves 7 de febreiro do 2013

A visita tamén serviu para que os representantes do CEIP Gándara-Sofán amosaran o seu interese por implantar a xornada única no centro. Para poder facelo, a proposta debe contar coa aprobación do Concello e do claustro, así como da ANPA e o servizo de transporte. Nestes momentos, a iniciativa xa conta co visto bo do claustro e da administración local e estase xestionando o apoio das nais e pais así como a petición respecto do trasporte. O Xefe Territorial tamén se comprometeu a estudar esta proposta. Por último, o Alcalde carballés interesouse polo estado dos trámites para executar as obras de ampliación do CEIP Bergantiños, unha actuación que axudaría a aliviar os problemas de escolarización que existen no municipio debido ao elevado número de nenos e nenas que se incorporan ao sistema educativo cada ano. Cabana Leira explicou que o proxecto depende da consignación orzamentaria dos presupostos da Xunta para 2013. Os traballos suporían a creación de nove unidades de Educación Infantil con 225 novas prazas, servizos integrados e totalmente equipadas, cun máximo de 25 nenos e nenas cada unha. As unidades estarían distribuídas en 3 para cativos e cativas de 3 anos; 3 para escolares de 4 anos; e 3 para nenos e nenas de 5 anos.

Compartir: