Inicio Carballo ao día Hemeroteca O PXOM rexistra máis de 2.600 visitas na...

PRESENTADAS UN TOTAL DE 42 ALEGACIÓNS AO PLANEAMENTO

O PXOM rexistra máis de 2.600 visitas na web municipal e unhas 1.100 persoas asistiron ás xuntanzas informativas nas parroquias

Xoves 7 de febreiro do 2013

Hai que lembrar que os veciños e veciñas das parroquias teñen á súa disposición ata que remate o período de exposición pública -o venres 22 de marzo- toda a documentación relacionada co PXOM nos distintos centros sociais e de reunión de cada lugar. Así mesmo, continúa no complexo Fórum Carballo a exposición oficial de toda a documentación e dos planos do PXOM. O horario de consulta é de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas, e martes e xoves de 17.00 a 20.00 horas. Os cidadáns será atendidos por técnicos municipais que poderán solucionar as súas dúbidas, ademais de poder contar os xoves, a través de cita previa, coa posibilidade de consultar a membros do equipo redactor do documento. Desde o primeiro día en que os planos e documentos estiveron a disposición do público a afluencia de veciños e veciñas ten sido constante. Así mesmo, durante todo o período de exposición pública do documento está aberto o prazo de presentación de alegacións para que os interesados e interesadas formulen as obxeccións que consideren pertinentes e defendan os seus dereitos e intereses. No caso de presentarse alegacións, dende a Oficina Técnica pregan aos interesados e interesadas que acheguen o plano da parcela sobre planos do PXOM e ou do Catastro, localizándoa mediante unha trama e a súa referencia catastral. A xoves 7 de febreiro de 2013, cando aínda non ten transcorrido a metade do prazo, xa son un total de 42 as alegacións presentadas.

Os interesados e interesadas poden consultar e/ou descargar todos os tomos coa documentación completa do PXOM nunha ligazón nesta mesma nova, así como o modelo de presentación de alegacións e a publicación do anuncio no DOG.

Compartir: