Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo prepárase para vivir o...

DOMINGO 10 DE FEBREIRO A PARTIR DAS 18.00 HORAS

Carballo prepárase para vivir o tradicional Concurso e desfile de Antroido para o que xa hai anotadas nove carrozas

Venres 8 de febreiro do 2013

Respecto das novidades deste ano para o concurso, esta nova edición estará presentada polo grupo "Os 7 magníficos máis 1", un dúo especializado en clown formado por Fran Rei e Pedro Brandariz que conta con ampla experiencia e sobradamente coñecido polas súas aparicións en "Lúar". Unha vez rematado o desfile, será o momento de animar a Praza do Concello -de novo se o permiten as condicións meteorolóxicas- coa orquestra Trébol, unha actividade patrocinada pola Concellaría de Terceira Idade que dirixe Carmen Regueira. O programa do Antroido 2013 continúa o luns 11 con obradoiros para o público máis novo na Ludoteca Municipal de 11.30 a 13.30 horas e o martes 12 ten lugar ás 18.00 horas no Pazo da Cultura a Festa e Baile de disfraces para a Terceira Idade, que estará amenizada polo Grupo Libertad. Ademais, este mesmo día celébrase o Enterro da Sardiña para despedir a Don Carnal a partir das 21.00 horas. A cita estará animada por un grupo de alumnos/as da Escola Municipal de Teatro de Carballo que dirixe Artur Trillo e pola Charanga "Mariñeiros en terra". A esta cita tamén poden concorrer todos aqueles grupos de nenos/as e/ou adultos compostos por un mínimo de 5 persoas ataviadas coas roupas e obxectos propios dunha "comitiva fúnebre" para acompañar ao enterro.

Compartir: