Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo incentiva a reflexión sobre a...

OUTÓRGASE UN GALARDÓN DE 1.000 EUROS

Carballo incentiva a reflexión sobre a lingua coa novena edición do seu premio a artigos xornalísticos normalizadores

Luns 11 de febreiro do 2013

Estes medios son: De Luns a Venres, Diario de Bergantiños, Dioivo, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Compás, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos. En edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Carballido, Olga Patiño, Ana Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde ou Carlos M. Callón. Todos os artigos premiados tiveron unha gran repercusión, xa que foron publicados e difundidos por todos os medios colaboradores cada ano. As bases completas poden consultarse no sitio web do Concello de Carballo (www.carballo.org). Tamén se pode obter máis información no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico normalizador@carballo.org.

Compartir: