Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o expediente de contratación para...

O CONCELLO FOMENTA UN SERVIZO DE RECOLLIDA DE ROUPA USADA

Aprobado o expediente de contratación para a "Limpeza de Colexios Públicos de Ensino Infantil e Primaria do Concello"

Luns 11 de febreiro do 2013

No apartado de subvencións, o Concello presenta varias socicitudes ante a Deputación provincial da Coruña para acadar axudas para distintos departamentos. Así, a primeira está destinada a desenvolver proxectos de envellecemento activo para persoas maiores, coa posta en marcha de accións para evitar o deterioro físico con ximnasia, mantemento, termalismo social ou similares; en segundo lugar, solicítase unha axuda de 45.000 euros para o departamento de servizos sociais; en terceiro, pídese unha axuda para levar a cabo programas de apoio á cultura a través dun programa de difusión cultural, o equipamento e mellora de centros culturais, o financiamento do Conservatorio Profesional de Música e dun monitor cultural por un importe total de 118.500 euros. Por último, a través da Xunta de Goberno o Concello solicita unha subvención para desenvolver programas de conciliación e responsabilidades compartidas para a loita contra a violencia de xénero por un importe estimado de 40.000 euros. Ademais, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación das bases e convocatoria do IX Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores, ao que se poderán presentar os textos até o 11 de abril de 2013. Os interesados e interesadas en obter máis información e en consultar as bases polo miúdo, poden premer aquí.

Compartir: