Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os voceiros municipais acordan os textos para...

ABORDARON UN POSIBLE CAMBIO NA ORDENANZA DE DEPURACIÓN

Os voceiros municipais acordan os textos para dúas mocións: unha en defensa do Grumir e outra a prol dos afectados polas preferentes

Mércores 13 de febreiro do 2013

A xuntanza, de aproximadamente hora e media de duración, supuxo así mesmo que o Alcalde expuxera a situación económica ao peche do exercicio de 2012 coas cifras da liquidación, así como o borrador dos orzamentos de 2013, pendentes de aprobación mentres non se concreten as disposicións legais relativas á incorporación de remanente e sobre o teito de gasto. Por último, os voceiros falaron sobre a conveniencia de modificar a Ordenanza reguladora das taxas pola prestación do servizo da rede de sumidoiros e depuración de augas residuais. Así, estúdase a posibilidade de usar o criterio estimado de Augas de Galicia de aplicar unha facturación media de 14 metros cúbicos por vivenda para aquelas que non teñan contador instalado. Nestes momentos, estase aplicando unha media de 18 metros cúbicos por vivenda.

Compartir: