Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e o Conservatorio convocan por segundo...

INSCRICIÓNS ATÉ O LUNS 25 DE FEBREIRO

O Concello e o Conservatorio convocan por segundo ano consecutivo o curso "Música e movemento"

Venres 18 de xaneiro do 2013

Na instancia descargable en pdf xa se aclara a documentación que se debe achegar con ela (como o Certificado de matrícula en 2º de Educación Infantil ou o Volante colectivo de empadroamento no Concello de Carballo, entre outros certificados) así como o lugar para presentala (Rexistro de Entrada do Pazo da Cultura de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas). Como novidade este ano só se admitirá a aquel alumnado interesado nos seguintes instrumentos: Viola, Violoncello, Contrabaixo, Tuba, Trompa, Bombardino, Friscorno, Percusión, Trompeta e Clarinete e tamén, será a primeira vez que, este curso, será tido en conta á hora de facer a preinscrición no Conservatorio para o curso 2013-2014. Para a realización destes ou doutros trámites deberán dirixirse ao 1º andar do Pazo da Cultura (Oficinas de Cultura-Conservatorio), ben chamar por teléfono ao número de teléfono 981 704 300 ou enviar un correo electrónico a <miguel@carballo.org>.

Compartir: