Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello ofrécelle o Fórum...

MALESTAR POLA NON CONCESIÓN DO OBRADOIRO DE HOSTALERÍA

O Concello ofrécelle o Fórum á Consellería de Traballo para desenvolver accións formativas e favorecer a creación de emprego

Xoves 21 de febreiro do 2013

Precisamente a raíz disto, as autoridades locais tamén aproveitaron para manifestar a súa desconformidade pola non concesión dun Obradoiro de Emprego de Hostalería para o Concello carballés, e interesáronse polos baremos empregados pola administración autonómica para rexeitalo. Así, o Concelleiro de Formación e Emprego, Marcos Trigo, considera que o perfil da actividade era o axeitado, cumprindo os criterios establecidos pola convocatoria da Consellería de Traballo. Así, hai que lembrar que o Concello carballés solicitou en outono de 2012 o desenvolvemento dun Obradoiro de Hostalería de seis meses de duración dirixido a maiores de 25 anos e que aproveitaría as excelentes instalacións do módulo existente no Fórum Carballo (na imaxe). Segundo Trigo, era un proxecto "innovador", que favorecía a "cohesión social", que aproveitaba as sinerxías xeradas tanto polas instalacións como polo seu ámbito, relacionado co sector turístico, e que incluso adquiría unha dimensión de servizo social ao contar coa colaboración de Cáritas. Ademais, os índices de inserción laboral rexistrados no Centro de Formación carballés tamén indicaban a idoneidade do desenvolvemento desta iniciativa, así como o feito de que a actividade levase aparellada a obtención dun certificado de profesionalidade. Por todo isto, o goberno local expresou o seu "malestar", aínda que seguirá concorrendo en futuras convocatorias con novas iniciativas.

Compartir: