Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde na Xunta de Goberno para a...

SOLICITADA UNHA SUBVENCIÓN PARA A LIMPEZA DE PRAIAS

Luz verde na Xunta de Goberno para a demolición da estrutura dun edificio situado no número 19 da Rúa Valle Inclán

Luns 25 de febreiro do 2013

No que respecta ao apartado de subvencións, solicitouse unha axuda á Deputación provincial da Coruña para a limpeza de praias durante a anualidade de 2013, segundo a convocatoria do organismo provincial publicada no BOP (Boletín Oficial da Provincia) do 14 de febreiro. O importe da subvención sería de 33.840 euros. Así mesmo, e fóra da orde do día, solicitouse unha axuda para fomentar o uso da lingua galega. Por último a Xunta de Goberno aprobou a renovación da participación do Concello de Carballo no XXXI Premio Eduardo Blanco Amor de Novela Longa en lingua galega para o ano 2013. Neste certame, de carácter municipalista, participan máis de 50 concellos galegos, recaendo cada ano a organización nun deles, sendo este ano o responsable o Concello de Ferrol. A cota correspondente é de 360 euros. Para rematar, a sesión aprobou a concesión dun vao permanente na rúa Gardenias e catro licenzas de primeira ocupación para outras tantas vivendas unifamiliares.

Compartir: