Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno apoia aos afectados polas preferentes,...

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DO PROGRAMA CONCILIA

O pleno apoia aos afectados polas preferentes, ás universidades públicas e o mantemento de Carballo como base do Grumir

Martes 26 de febreiro do 2013

Por último, pero neste caso só co apoio de PSOE, TEGA e BNG, aprobouse unha moción que solicita ao Goberno Galego e ao Goberno do estado español que se manteña o financiamento e recursos para as universidades públicas sen mingua algunha nos orzamentos xerais de ámbalas dúas administracións, considerando que a educación superior, a investigación o desenvolvemento e a innovación en materia educativa non deben ser considerados gastos senón investimentos imprescindibles cara ao futuro da nosa sociedade. Fóra do apartado de mocións, a sesión supuxo a modificación, coas abstencións de PP e TEGA, da Ordenanza reguladora dos servizos do Programa Concilia e dos seus prezos públicos, adaptando o texto aos novos criterios recollidos pola Xunta de Galicia. No caso de Carballo, as cotas establecidas son de 51 euros ao mes para o servizo, de atención de 7.30 a 10.00 horas, e de 67 euros no caso de que se inclúa o almorzo. Por días soltos, o prezo é de 3,40 euros, 4,30 con almorzo. Porén, ningún dos usuarios e usuarias abona a totalidade do custo, xa que o Concello carballés asume o 35 por cento do gasto derivado. Ademais, poden aplicarse reducións dependendo da situación familiar, dos ingresos da unidade familiar, da situación laboral, etc. que permiten rebaixas de ata un 50 por cento. No que respecta a asuntos económicos, aprobouse por unanimidade a conta de recadación de 2012, de 8.534.517,80 euros. No exercicio 2012 puxéronse ao cobro preto de 70.000 recibos, 50.000 a través do pagamento en portelo. Esta actividade supuxo unha media de 625 recibos cobrados ao día.

Conmemoración do Día da Muller Traballadora


Para rematar, e con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, o pleno aprobou por unanimidade a aprobación dunha Declaración institucional na que se reivindica a importantísima contribución da muller no desenvolvemento da sociedade, e mantén o compromiso de promover a plena igualdade entre mulleres e homes en todos os ámbitos, tanto públicos como privados. Segundo o texto, actualmente, nun contexto de crise económica brutal, as desigualdades en materia de xénero estanse a agravar, posto que o desemprego afecta en maior medida ás mulleres fronte aos varóns, e nalgúns casos a diminución dos recursos fai que a muller teña que asumir cargas familiares que lle impiden desenvolverse plenamente no seu campo profesional. Ademais deste novo retroceso, continúa a declaración, o colectivo feminino segue a estar discriminado no que respecta á igualdade salarial, e segue a estar moi lonxe dos homes no tocante á participación política e social, sobre todo en papeis protagonistas ou voceiros sociais. Polo tanto, a data do 8 de marzo -Día Internacional da Muller Traballadora- é unha boa ocasión para lembrar a necesidade de que as administracións públicas incentiven políticas eficaces para mudar estas situacións.

Compartir: