Inicio Carballo ao día Hemeroteca O presidente do Comité Español de...

RECEPCIÓN NO CONCELLO CO ALCALDE E MEMBROS DA CORPORACIÓN

O presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade visita Aspaber e interésase pola limpeza viaria

Venres 8 de marzo do 2013

Nese sentido, o presidente do CERMI cre que hai que ir máis aló e avanzar no fomento da contratación de Centros Especiais de Emprego como o de Aspaber para realizar diferentes traballos nas administracións públicas. Puxo como exemplo varias comunidades autónomas que reservan un número específico de contratos cada ano para este tipo de centros sociais; ou a posibilidade de favorecer a contratación de empresas que cumpran co mínimo estipulado de contar cun dous por cento de contratación social. Precisamente a Concelleira de Contratación, Milagros Lantes, interesouse polo asesoramento xurídico que o CERMI ofrece para que as administracións locais poidan avanzar nesta dirección. Pola súa banda, o Alcalde, Evencio Ferrero, quixo salientar a importancia do movemento asociativo, xa que "Aspaber, ademais de ser unha empresa conta cun compoñente social evidente". Durante a xuntanza, comentouse así mesmo o traballo que o Concello carballés ten desenvolvido en materia de accesibilidade, como por exemplo coa recente remodelación do CEIP Fogar, ou co recoñecemento a través dun premio outorgado pola Fundación ONCE. Tamén houbo tempo para reflexionar sobre a repercusión da crise en centros como Aspaber, que teñen que mirar cara ao futuro na procura de novas formas de xestión e financiamento. Antes de rematar a visita, Cayo Pérez asinou no Libro de Honra do Concello.

Compartir: